VISITA AS
GALERIAS de 2018

Temos a perfecta maridaxe

Maridando as Tapas, de marcado acento coruñés, cos viños das Denominacións de Orixe de Galicia ofrecemos un pouco da nosa paisaxe, do noso territorio, do noso clima… da nosa esencia.
A D.O Rías Baixas é a de maior produción vitivinícola galega. Os seus viñedos ocupan unha superficie de aproximadamente 4.000 hectáreas, que pertencen a 180 adegas e está repartida en cinco subzonas: Val de Salnés, Condado de Tea, A Roseira, Soutomaior e Ribeira do Ulla. Os “ Rias Baixas” brancos son viños secos, de aromas punzantes, florais e intensamente afrutados. Maridan á perfección con cantidade de preparacións do tapeo.
Na mesa constitúen unha referencia inevitable á hora de acompañar as máis brillantes receitas de peixe. Non en balde presumen da súa condición de viño universal.
Góceno!