Image

MANUEL MARÍA PUGA E PARGA, PICADILLO

O tapeo na Coruña é máis que tradición, forma xa parte da cultura dos coruñeses, ata tal punto que é capaz de repercutir nun carácter colectivo, gustoso pola boa e variada gastronomía nun ambiente distendido e animado, ademais de respectuoso cos petos.

Por iso, do 3 ao 13 de novembro deste 2022 no que depositamos a esperanza do inicio da recuperación post pandémica, celébrase o Concurso de Tapas Picadillo ,que este ano arrinca xa coa sua XVIII edición. Innovación e tradición, creatividade e exaltación das materia primas, cítanse en decenas de tapas que rememoran as reunións cos amigos, polos roteiros de bares e gastronomía que ofrecen momentos responsables de diversión e goce ao padal.

O Concurso de Tapas Picadillo debe o seu nome a D. Manuel María Puga e Parga, máis coñecido como Picadillo. Alcalde coruñés entre os anos 1915 e 1917. Ademais de político foi escritor, gastrónomo e era considerado pola cidadanía como mellor persoa. A conxunción destas habilidades deu como resultado obras de éxito como A cociña popular galega e algunhas receitas para coresma, Pote aldeán, A cociña práctica, 36 maneiras de guisar o bacallau e Vixilia reservada.

Extraordinariamente popular, sobresaía o seu enxeño e sentido do humor que aplicaba, non só á política e á cociña, se non tamén cando se refería a si mesmo: “En 1882 era eu un señor que tiña 8 anos de idade e uns 75 quilos de peso”, aludindo ao seu corpulencia pola que tamén era famoso.

Sempre en defensa da vida popular e reivindicando, en canto podía, o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás cociñas máis elaboradas doutros países, tan de moda na época entre a alta sociedade.

Rendemos así especial homenaxe a tan gran personaxe da Cidade no Concurso de Tapas Picadillo da Coruña.

Wikipedia