Sistema de votación

En cumprimento da normativa e as recomendacións vixentes, motivadas pola COVID-19, a presente edición limita o soporte en papel impreso a estritamente o imprescindible á vez que incorpora novas tecnoloxías a algúns dos procesos participativos do Concurso de Tapas como o sistema de votación.

Consulta as bases e os premios

pic
As votacións seguirán realizándose no propio establecemento no que probamos a tapa.
pic
Será necesario escanear o código QR que cada establecemento terá en distintos lugares do mesmo e ben visibles para o público.
pic
Para emitir o voto basta con cumprimentar o formulario que aparecerá despois de escanear o código QR.
pic
Desde un mesmo terminal soamente poderase emitir un voto por establecemento participante. Entre todos os votos válidos emitidos o propio sistema celebrará o sorteo dos premios destinados ao público participante.